Abadín acolle o luns un pleno extraordinario para contestar preguntas do PSOE
O luns 14 de setembro terá lugar en Abadín un Pleno extraordinario convocado polo alcalde, para contestar variaspreguntas do grupo socialista y atender dúas mocións.
No apartado de mocións, falará da proposta sobre os investimentos do Plan Único no concello, que se presentou no mes de maio e tamén outra de febreiro sobre os danos causados polo lobo.
Os socialistas preguntarán tamén pola asignación dun local para o seu partido, sobre o estado das negociacións para facer o arranxo do campo de fútbol, tamén pedirán os permisos e autorizacións que se levaron a cabo nas actuacións realizadas na área recreativa de Gontán, como a substitución da ponte derrubada, a pista de padel, o parque infantil e o resto de obras.
Tamén os socialistas queren debatir o investimento de 50.000 euros na pista de padel "cando existen outras prioridades como traídas de auga, desbroce de camiños ou o arranxo do campo de fútbol".
Finalmente pedirán unha xustificación dos traballos realizados polos concelleiros con remuneración.