Abadín acolle un festival de habaneras e polifonía este sábado

TerraChaXa
O evento contará coa participación da Coral Virxe do Monte de Cospeito, a Coral Chorima de Castro de Narón e a Coral Polifónica de Abadín
festival-habaneras-abadin
15 Jul 2025

Abadín converterase este sábado 19 de xullo nun referente musical coa celebración do Festival de Habaneras e Polifonía, que terá lugar ás 20:00 horas diante da Casa do Concello.

O evento contará coa participación de tres recoñecidas formacións corais, a Coral Virxe do Monte de Cospeito, a Coral Chorima de Castro de Narón e a Coral Polifónica de Abadín, anfitrioa do festival.

Esta cita musical promete unha noite chea de harmonía e tradición, cun repertorio baseado nas clásicas habaneras e pezas polifónicas, mantendo viva a cultura coral galega.

O festival está organizado pola Coral Polifónica de Abadín co apoio do Concello de Abadín e FECOGA (Federación Coral Galega).

⚙ Configurar cookies
0.17211699485779