Abadín acolle unha charla sobre tecnoloxía na gandaría en extensivo
O próximo 17 de xaneiro, ás 19:00 horas, celebrarase no salón de actos do Concello de Abadín unha charla informativa centrada na aplicación da tecnoloxía á gandería de extensivo.
Este encontro, organizado polo Concello de Abadín en colaboración con Innogando, abordará temas fundamentais para mellorar a xestión das explotacións gandeiras. Entre os asuntos a tratar destacan a xestión de celos e partos, a prevención e control de enfermidades como a EHE, a problemática derivada dos ataques de animais salvaxes, o uso de pastores eléctricos e cercados virtuais, e as últimas novidades en normativas e subvencións. Ademais, abrirase un espazo para resolver calquera outra cuestión que preocupe aos asistentes.
Ao remate da charla, ofrecerase un convite cortesía de Innogando. A inscrición é obrigatoria e pode realizarse chamando ao teléfono 982 508 021.