Abadín acollerá este venres un concurso de tortillas amenizado por Festicultores

TerraChaXa
Haberá premios en efectivo para as mellores tortillas en sabor e presentación
concurso-de-tortillas-festicultores-abadin
Carteis
31 Xul 2024

Este venres, 2 de agosto, a partir das 21:00 horas, a área recreativa da Roxica acollerá unha noite con dobre sesión. Por unha banda, actuarán Festicultores, que ofrecerán unha explosión de música, alegría e moito baile.

Á mesma hora, celebrarse un concurso de tortillas", no que poden participar todos os que o desexen. Só se necesita unha tortilla feita na casa e moita creatividade. Haberá premios en efectivo para as mellores tortillas en sabor e presentación. Na primeira categoría haberá tres premios, o primeiro de 100 euros, o segundo de 50 e o terceiro de 25. Para a mellor presentación haberá un único gañador, que será recompensado con 100 euros.

Para participar será preciso inscribirse con antelación, co 1 de agosto como data límite, no 982 508 021.

Esta actividade está organizada polo Concello de Abadín en colaboración coa Xunta de Galicia e a Axencia Galega das Industrias Culturais.

0.095425128936768