Abadín acollerá o 11 de marzo o concerto do trío Metamorphoses

TerraChaXa
Abadín acollerá o concerto do trío Metamorphoses o día 11 de marzo, enmarcado no proxecto Xacobeo Musical polos Camiños de Santiago.
Captura de pantalla 2020 03 05 a las 9.18.22
6 Mar 2020

Abadín acollerá o concerto do trío Metamorphoses o día 11 de marzo, enmarcado no proxecto Xacobeo Musical polos Camiños de Santiago. 

O concerto do trío Metamorphoses, formado por Jean Johnson ao clarinete, Roeland Jagers á viola e Ilona Timchenko ao piano, trátase dun ciclo  promovido pola Asociación Peregrinos Musicais, en colaboración con Concellos como Nigrán, Sanxenxo ou Ribadeo e que conta tamén co patrocinio do Xacobeo 2021.

O programa contén obras de Robert e Clara Shumann e de Max Bruch.  A pesar de que o fundamento para este trío é a figura de Mozart, a formación é tamén unha grande defensora da música contemporánea. E neste caso centrarán o seu repertorio no romanticismo alemán, é dicir no século XIX.

O trío arrancou en 2016 e editou o seu primeiro CD en 2018, polo cal recibiron recoñecemento internacional.

IMG 20200710 WA0002
0.2043240070343