Abadín acollerá o primeiro taller de coro infantil o 11 de outubro

O Concello de Abadín acollerá o vindeiro sábado 11 de outubro de 2025 o primeiro taller de canto coral infantil, unha actividade gratuíta enmarcada no programa “Semente Coral” e organizada en colaboración co propio Concello.
O obradoiro está dirixido a nenas e nenos de entre seis e doce anos que queiran iniciarse na música e na práctica do canto coral dun modo divertido e en grupo. Terá lugar no salón de actos da Casa do Concello de Abadín, en horario de once da mañá a doce do mediodía.
Trátase dunha oportunidade única para que os máis pequenos descubran o gusto pola música e pola interpretación colectiva, fomentando ao mesmo tempo o compañeirismo e a expresión artística.
Para obter máis información, as persoas interesadas poden contactar a través do teléfono 620 89 12 92 ou do correo electrónico xovecorodelugo@coros.gal
.