Abadín acollerá o venres un taller de primeiros auxilios aberto á veciñanza

TerraChaXa
As inscricións están abertas, cun número de prazas limitadas
curso-de-primeiros-auxilios-rabade-portada
8 Sep 2025

O venres 12 de setembro, de 16:00 a 21:00 horas, o colexio de Moncelos, en Abadín, acollerá un taller de primeiros auxilios dirixido á poboación en xeral. A actividade está organizada por Afammer.

O obxectivo desta formación é dotar á cidadanía de coñecementos básicos para saber actuar en situacións que requiran unha intervención inmediata, así como resolver dúbidas frecuentes sobre primeiros auxilios.

Durante o taller abordaranse cuestións prácticas como a maneira correcta de chamar ao 061, como actuar ante dor torácico, perda de coñecemento (síncope, coma...), e tamén se ensinarán técnicas de Reanimación Cardiopulmonar Básica (RCP), como actuar ante atragantamentos e como recoñecer unha parada cardiorrespiratoria (PCR), entre moitas outras situacións.

As inscricións están abertas, cun número de prazas limitadas, polo que desde o Concello recoméndase anotarse canto antes. A inscrición pode realizarse chamando ao 639 421 631.

⚙ Configurar cookies
0.12109303474426