Abadín acollerá un curso formativo de coidados compartidos

TerraChaXa
O Concello de Abadín acollerá no mes de xaneiro a actividade Coidados compartidos: curso formativo para persoas coidadoras de persoas cunha demencia neuroexenerativa.
27 Dec 2023

O Concello de Abadín acollerá no mes de xaneiro a actividade Coidados compartidos: curso formativo para persoas coidadoras de persoas cunha demencia neuroexenerativa.

O curso ten unha duración de 8 horas, divididas en 2 sesións que se desenvolverán en horario de tarde. Serán os días 10 e 17 de xaneiro de 2024 e celebraranse no salón de actos municipal en horario de 16.00 a 20.00 horas.

Trátase dunha formación incluída no proxecto Coidados compartidos, que será impartida por Afalu (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras neurodexenerativas de Lugo).

Para o seu desenvolvemento en Abadín conta coa colaboración do Concello.

O curso está dirixido a persoas coidadoras que sexan familiares de maiores e/ou persoas con demencia e ten dispoñibles un máximo de 25 prazas. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse nos teléfonos 982 50 80 21. O prazo remata o día 5 de xaneiro de 2024.

0.15836596488953