Abadín acollerá un ensaio da mecanización na recollida de grelos durante unhas xornadas

TerraChaXa
Trátase dunha máquina que recolle a parte vexetal do nabo, aproveitando o resto para conservas e permitindo unha segunda produción posterior
mecanizacion-recollida-do-grelo-en-abadin
20 Oct 2025

O Concello de Abadín foi seleccionado pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) como concello piloto na provincia de Lugo para probar un innovador método de recolección mecanizada de grelos, no marco dunhas xornadas que se celebrarán os días 28 e 29 de outubro.

A tenente de alcalde, Begoña Gaute, explicou que se trata dunha máquina que recolle a parte vexetal do nabo, aproveitando o resto para conservas e permitindo unha segunda produción posterior. Esta mecanización pretende revalorizar a nabiza para conserva e ofrecer aos produtores unha actividade complementaria ao grelo tradicional.

As xornadas contarán cunha parte teórica o día 28, centrada no cultivo e nos retos do sector, e outra práctica o día 29, con demostracións en campo nunha finca de máis de 2.000 m².

⚙ Configurar cookies
0.067916870117188