Abadín acollerá unha charla sobre a atención dos maiores no fogar
O Centro de Atención de Persoais Maiores de Abadín, en colaboración co Concello, organiza unha charla-informativa co título Un dormitorio cómodo e seguro, na que se falará sobre adaptacións no fogar, axudas técnicas, transferencias da cama ao sillón, prevención de caídas e úlceras, etc…entre outros problemas e dúbidas na atención aos maiores.
A charla-informativa terá lugar o mércores 5 de febreiro no salón de actos do Concello de Abadín , ás 11.30 horas.
O obxectivo desta charla é informar e facilitar a vida diaria aos enfermos e aos seus familiares, mantendo a autonomía o maior tempo posible.
A charla estará impartida pola Terapeuta Ocupacional do Centro de Día de Abadín, Vanessa Hermida Carballeira. Falarase de como se deben colocar os mobles, que tipo de cama e almofada facilitaría o descanso, que axuda a previr feridas na pel por presión prolongada, como se poden previr caídas ou lesións e cómo se fan os traslados de cama a sillón.