Abadín acolleu a presentación do libro 'O San Cosme da Montaña' cunha ampla asistencia de público

TerraChaXa
O acto converteuse nunha destacada cita cultural que reuniu numeroso público interesado en coñecer máis polo miúdo as raíces e o patrimonio local
presentacion-do-libro-san-cosme-da-montana
4 Mar 2026

O Concello de Abadín patrocinou o pasado sábado a presentación do libro O San Cosme da Montaña, unha obra asinada por Andrés García e Abel Vigo que afonda na historia, tradición e identidade deste enclave singular do municipio.

O acto converteuse nunha destacada cita cultural que reuniu numeroso público interesado en coñecer máis polo miúdo as raíces e o patrimonio local. A elevada asistencia puxo de manifesto o compromiso da veciñanza coa conservación e divulgación da memoria histórica do territorio.

A xornada contou coa presenza do bispo da Diocese de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos, quen acompañou aos autores neste encontro literario e cultural. Durante a súa visita institucional, o prelado asinou no Libro de Ouro do Concello, deixando constancia do seu paso por Abadín nunha data sinalada para a vida cultural da localidade.

Dende o Concello destacouse a importancia de apoiar iniciativas que contribúan a reforzar a identidade colectiva e a poñer en valor o patrimonio histórico e relixioso da contorna. A presentación desenvolveuse nun ambiente de proximidade e recoñecemento ao traballo dos autores, aos que se felicitou pola publicación desta obra que enriquece o acervo cultural de Abadín.

0.11735701560974