Abadín arranca a esperada Festa do Motor na súa terceira entrega

TerraChaXa
Nesta ocasión, esta cita contará cunha churrascada para abrir a programación que terá o seu prato forte o sábado
presentacion-abadin-sobre-rodas
Presentación e programa do evento
5 Xul 2024

Abadín acolle desde hoxe, venres a terceira edición da Festa do Motor, organizada por un grupo de rapaces de Abadín, que debido ao éxito da primeira edición, decidiron dar nacemento á asociación Abadín Sobre Rodas, principalmente creada para dar funcionamento sobre todo a eventos relacionados con todo o que leve rodas ou motor.

Na primeira edición, a festa constituírona todos aqueles participantes que se comprometeron coa festa en pagar un menú de comida previamente pero este ano decidiron dar acceso a todo o mundo por igual sen obrigación de que se queden a comer no recinto creando unha entrada de colaboración coa comisión organizadora.

Nesta ocasión, o acto dividirase en dous días, o venres 5 e o sábado 6.

Comezan hoxe, a partir das 20.00 horas cunha churrascada e festa a cargo de Dj Zalo. Terá lugar en pleno centro de Abadín, para que todos os veciños e comercios o desfruten.

O sábado ás 10.00 horas, os participantes sairán a visitar algúns lugares do concello e xa a partir das 12.00 está prevista a entrada de todos os vehículos no parque cerrado. Unha vez dentro do recinto haberá unha sesión vermú.

Ao longo da tarde están previstas todo tipo de actividades e exhibicións relacionadas co motor. Sobre as 21.00 será a entrega de premios, ademais de varios sorteos, entre eles, un especial dun Volkswagen Golf mk3 gti.

Para ir concluíndo, Rui Armada encargarase de facer unha exhibición de freestyle e xa, como broche final, desfrutarase dunha sesión de Dj.

Ademais, o domingo haberá un trackday no circuíto de Pastoriza organizado por Northroads club, ao cal terá acceso todo o mundo pero, a excepción dos participantes da terceira edición de Abadín sobre rodas, que desfrutarán dun desconto nas quendas dun 50 %.

programa-abadin-sobre-rodas
0.096436023712158