Abadín celebra as súas patronais a fin de semana

TerraChaXa
A comisión de festas de Abadín recupera este ano a celebración das patronais esta fin de semana con cambios na localización da misa.
cartaz festas abadin_portada
cartaz festas abadin_portada
29 Ago 2022

A comisión de festas de Abadín recupera este ano a celebración das patronais esta fin de semana con algúns cambios coas edicións anteriores.

Segundo avanzaron dende a comisión de festas, que este ano recae novamente en Lucía e Berta que tiñan a responsabilidade o ano da pandemia, haberá algúns cambios, como que a misa maior non se celebrará no campo da festa como outros anos, senón que será na igrexa e a procesión serán polas inmediacións da mesma. Haberá oficio os dous dúas de festa, ás 13.00 horas.

No apartado musical, as festas estarán esta ano ao cargo o sábado da orquestra Solara, que fará dobrete, en sesión matial e verbena, e D’Nika, que só actuará pola noite.

O domingo, será o dúo Venus o encargado de poñer o punto musical ao mediodía e dar por concluídas celebracións festivas.

cartaz festas abadin
0.19141006469727