Abadín celebra as súas patronais do venres 1 ao domingo 3 de setembro
TerraChaXa
A comisión de festas de Abadín celebra esta primeira fin de semana de setembro as súas festas patronais na honra a Santa María.
30 Ago 2023
A comisión de festas de Abadín celebra esta primeira fin de semana de setembro as súas festas patronais na honra a Santa María.
O venres a xornada festiva comezará a partir das 22.00 horas cunha degustación de pinchos de carácter voluntario amenizada polo dúo Venus.
O sábado día 2, ás 13.30 horas, terá lugar a misa solemne, procesión e sesión vermú a cargo da orquestra Suavecito que, ademais, será a encargada de amenizar a verbena da noite xunto ao grupo Karma.
O domingo haberá misa solemne á mesma hora, seguida dunha procesión e sesión vermú a cargo do grupo D´Nika Music.