Abadín celebra este sábado a segunda edición do festival Rumboia Viva
A Asociación xuvenil A Rumboia, de Abadín, celebra este sábado, 27 de xullo, a segunda edición de Rumboia Viva, un festival cultural, en vista do éxito da do ano pasado.Arrancará ás 16.00, no Campo da Feira de Gontán.
O programa conta cunha chea de actividades, como un mercado de artesanía, primeira actividade., para seguir media hora despois cun obradoiro de flores e, ás 17.00 horas cos xogos tradicionais de Xotramu.
Todas estas actividades son de balde e a elas únense un obradoiro de lixo e a Cata Pincelo e Boutique de Ana para rematar cunha peza de danza, A Casa de Todas de Emilia Pardo Bazán.
O tempo da música arrancará ás 20.00 horas con AC Andrade, para seguir cada hora e media con Mondra, Familia Caamagno, Lontreira e Grande Amore. Finalizarán ás 3.15 e 4.00 con Yaya Dj e Dj Peaboy, respectivamente.
Os usuarias e usuarios do centro de día de Abadín encargaranse de facer, nos obradoiros de manualidades do centro, os elementos ornamentais que decorarán o recinto do festival.