Abadín celebra este sábado a súa primeira Feira Cabalar
Abadín celebra este a I Feira Cabalar no campo da feira de Gontán.
As actividades que terán lugar nesta xornada serán unha ruta a cabalo, ás 10.00 horas dende Gontán, un concurso de salto na Roxica, seguida dunha sesión vermú a cargo de Puzzle Animación.
Ás 14.00 horas terá lugar unha comida onde se servirá empanada, callos, churrasco, postre, café e chupito por 26 euros. Os nenos de entre 5 e 10 anos pagarán 15 euros e os menores de 5 no terán que pagar nada.
Non é necesario participar na ruta nin vir a cabalo para asistir á comida e a venda de tickets será ata o día 17 nos bares Casa de Goás, Niza e O Paso, ou tamén chamando aos teléfonos de Tania (695 888 170) e Edita (605 349 137).
Ás 18.00 horas terá lugar unha xinkana onde haberá que inscribirse o propio día, seguido dunha serie de espectáculos da man de Alyssa Pellei Equestrian Art. Ao remate da actuación, terá lugar a entrega de premios no propio campo da feira e, como colofón, unha verbena a cargo de Puzzle Animación.
Ademais, esta feira, contará cunhas probas de andadura galega, que terán lugar ás 11.30 horas. Esta actividade dividirase en cinco categorías e haberá 4 clasificados en cada unha delas. Os premios oscilarán entre os 150 e os 30 euros. O prazo para inscribirse rematará o 21 de setembro.
Dende a organización lembran que é obrigatorio levar casco e cada participante deberá facerse cargo del mesmo e do seu cabalo.