Abadín celebrará as súas patronais o 15 e 16 de setembro

TerraChaXa
A fin de semana do 15 e 16 de setembro, o Concello de Abadín celebrará as súas festas patronais na honra a Santa María.
festasabadin_portada
14 sep 2018

A fin de semana do 15 e 16 de setembro, o Concello de Abadín celebrará as súas festas patronais na honra a Santa María.

Os festexos darán comezo o sábado coa celebración da tradicional misa, ás 13.30 horas, seguida da procesión e da sesión vemú, que estará a cargo da orquestra Salsarena.

Pola noite haberá tamén música co mesmo grupo xunto con Montreal. No descanso das orquestras haberá tamén fogos de artificio.

O domingo, a charanga local Batifoula abrirá a celebración con pasarrúas, antes de misa e procesión, ás 13.30 horas. A tradicional sesión vermú será co grupo Fénix.

Segundo indica a organización, o campo estará cuberto cunha carpa para evitar molestias pola choiva.

festasabadin
0.11110591888428