Abadín concederá axudas por nacemento ou adopción

TerraChaXa
O Concello de Abadín vén de facer públicas as bases para a convocatoria das axudas a familias para nacementos e adopcións de menores de cinco anos.
bebe axudas recien nacido
5 Out 2023

O Concello de Abadín vén de facer públicas as bases para a convocatoria das axudas a familias para nacementos e adopcións de menores de cinco anos.

Estas axudas teñen unha contía de 800 euros por familia. As axudas dividiranse en 500 euros en efectivo e outtros 300 en cheques de compra en establecementos do termo municipal de Abadín para gastos derivados de alimentación, coidado e aseo persoal, vestiario, etc.

Poderán ser beneficiarios das subvencións previstas nas presentes bases os proxenitores de fillos biolóxicos ou daqueles que adopten un menor de cinco anos no periodo definido cada ano.

O prazo para solicitarse será de trinta días natruais desde o nacimento ou adopción e estas deberán presentarse coa documentación pertinente nas oficinas muncipais.

0.1932578086853