Abadín conta esta fin de semana cunha nova edición do Campamento Galego de Espeleoloxía

TerraChaXa
Durante os dous días estarán en distintas cavidades e realizarán outras actividades
campamento-espeleoloxia-abadin
Cartel
14 Xuño 2024

Abadín acolle esta fin de semana a LVII edición do Campamento Galego de Espeleoloxía, posto en marcha pola Federación e o club Terraventura coa colaboración do Concello, A xuna e o restaurante Niza.

Será os días 15 e 16, desde las 9.00 horas do sábado. Traballarán na Cova Terraventura, cavidade descuberta polo club organizador.

Durante os dous días estarán en distintas cavidades como a Cova de Santos, a Cova da Pena Paleira ou a Surxencia do Río Muras.

Ademais realizarán rutas de sendeirismo, descenso de cañóns, que se fará en Muras, así como unha cea de confraternidade. A clausura está prevista para o domingo ás 18.00 horas.

0.064551830291748