Abadín contará cos Bolechas e a tradicional festa de Reis este Nadal

TerraChaXa
A tradicional xira que a Xunta de Galicia, Bolanda Edicións, Gadis e TVG preparan á familia Bolechas ao concello de Abadín.
crebanoces xira bolechas
18 Dec 2021

A tradicional xira que a Xunta de Galicia, Bolanda Edicións, Gadis e TVG preparan cada ano levará este Nadal á familia Bolechas aos concellos de Abadín.

Este Nadal, os Bolechas están a preparar unha carta a Papá Noel, pero a cousa complícase e deciden seguir o labor comendo noces, que así pensan mellor. Mais as noces teñen a casca moi dura e escachan os dentes. Entón, os irmáns collen un crebanoces na cociña, pero trillan os dedos. De súpeto, alguén chama á porta e aparece un enorme crebanoces de Nadal chegado directamente de Alemaña para axudalos, mais ao pouco de empezar, o convidado fica inmóbil. Tras unha chamada ao 112, os Bolechas descobren que o crebanoces non é humano, senón un boneco de corda e, ademais, non teñen a chave para volver activalo. Poderán os Bolechas recuperar o seu crebanoces de Nadal?

Os Bolechas estarán en Abadín o xoves 23 ás 16,30 horas no salón de actos da Casa do Concello. As entradas son de balde ata encher a cabida. 

Ademais, este ano volverá a ver festa de Reis, que terá lugar o día 5 de xaneiro no salón de actos do Concello de Abadín durante a tarde. Como todos os anos, os nenos recibirán un agasallo das súas maxestades ademais de entregarlles as cartas ou explicarlles o que desexan.

Ademais, haberá inchables no pavillón sempre e cando o permita a pandemia tal e como explicou o alcalde, José María López Rancaño.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18120193481445