Abadín celebra este sábado a segunda edición do festival Rumboia Viva

TerraChaXa
Vaise poder bailar ao ritmo de todo tipo de música, desde Grande Amore, Familia Caamagno, Lontreira, Mondra, AC Andrade; así como Yaya Dj e Dj Peaboy
presentacion-festival-rumboia-viva-abadin
Cartel
20 Xul 2024

A Asociación xuvenil A Rumboia, de Abadín, celebra a segunda edición de Rumboia Viva, un festival cultural, en vista do éxito da do ano pasado. Terá lugar este sábado 27 de xullo, ás 16.00, no Campo da Feira de Gontán.

O programa conta cunha chea de actividades, como un mercado de talleres de artesanía,  que será o primeiro en abrir. Ademais ás 18.30 horas haberá un obradoiro de flores e ás 17.00 Xotramu porá en marcha unha sesión de xogos tradicionais.

O programa vespertino para quentar motores seguirá cun obradoiro de lixo e unha cata Pincelo e Boutique de Ana para completar a oferta ás 19.30 horas cunha peza de danza, A Casa de Todas de Emilia Pardo Bazán.

Vaise poder bailar ao ritmo de todo tipo de música a partir das 20.00 horas, cando actuará  AC Andrade. A partir de aí e cada hora e media actuarán Mondra, Familia Caamagno, Lontreira e Grande Amore. Remtarán ás 3.15 e 4.00 horas coa música de Yaya Dj e Dj Peaboy, respectivamente.

Os usuarias e usuarios do centro de día de Abadín foron os encargados de facer, nos obradoiros de manualidades do centro, os elementos ornamentais que decorarán o recinto do festival.

 

0.17579317092896