Abadín continúa coa licitación de obras de renovación de camiños

TerraChaXa | LugoXa
O Concello vén de sacar a licitación unha nova partida para a renovación de camiños municipais, que se corresponden con seis parroquias que teñen un investimento de máis de 240.
3 Nov 2020

O Concello vén de sacar a licitación unha nova partida para a renovación de camiños municipais, que se corresponden con seis parroquias que teñen un investimento de máis de 240.000 euros, dos que 225.600 son con cargo ao Plan Único da Deputación  e o resto, uns 15.000, están ao cargo do propio Concello.

Segundo explica o seu alcalde, José María López Rancaño, o proxecto divídese en tres fases. Na primeira, cun orzamento de 82.425,60 euros, actuarase en sete camiños de Fanoi (no núcleo de Regorredeiro, O Paxariño e Cavadas), nun de Gontán, Quende, Cabanela, Seivane de Vilarente e Corvite.

No segundo proxecto, que ten un orzamento de 81.329,04 euros, farán obras no acceso a Os Beos, en Fanoi; nos núcleos
de Fontepresa e Regorredeiro, en Quende, e na Maramiga, en Galgao, onde se actuará nun tramo de máis de 1.100 metros de lonxitude nun ramal de 70.

O terceiro proxecto ten un orzamento de 77.193,62 euros e consiste na renovación de 1.500 metros de vial na Reboira, na parroquia de Abeledo, e o camiño entre Vilaseñor e Cabaza en Seivane de Vilarente.

Todas estas obras teñen un prazo de execución de tres meses.  En todos renovarase o firme con aglomerado en quente, excepto
no de Fontepresa, que levará pavimento de formigón.

0.19234108924866