Abadín felicita a unha nova centenaria do lugar de Tivián, en Labrada

TerraChaXa
Nun ambiente cheo de calor e admiración, entregáronse agasallos, unha placa de prata e un ramo de flores
centenaria-en-abadin
3 Dec 2024

En Tivián, Labrada celebráronse os 100 anos de María Antonia Carracedo Coira, unha veciña que simboliza historia, sabedoría e fortaleza.

O alcalde, José María López Rancaño, acompañado polos concelleiros Begoña, Germán e Ramón, así como pola traballadora social Cristina, participou nun emotivo acto de homenaxe para agradecer e recoñecer a traxectoria desta muller centenaria. Nun ambiente cheo de calor e admiración, entregáronse agasallos, unha placa de prata e un ramo de flores, e mostras de afecto para celebrar un século de vivencias e aprendizaxes.

"María Antonia é un exemplo vivo do que significa formar parte da nosa comunidade", declarou o alcalde durante o evento. A homenaxe destacou a importancia de recoñecer e aprender dos maiores, auténticos gardiáns da memoria colectiva do concello.

0.16730093955994