Abadín inicia a renovación integral do pavimento no pavillón municipal

Comezaron as obras de mellora no pavillón municipal de Abadín, cunha actuación moi agardada que permitirá renovar por completo o pavimento deportivo. O proxecto inclúe a instalación dun novo chan técnico máis adecuado, seguro e confortable, pensado para a práctica de distintas modalidades deportivas e para a celebración de eventos múltiples.
Esta intervención supón un novo paso no compromiso do Concello de Abadín "co deporte, a saúde e a mellora das infraestruturas públicas, co obxectivo de ofrecer espazos de maior calidade en beneficio de toda a veciñanza". O Concello informou de que irá compartindo os avances dos traballos nas súas redes sociais e agradeceu a paciencia da cidadanía durante o desenvolvemento das obras.