Abadín instala unha aplicación web para a reserva da pista de pádel

TerraChaXa
A aplicación está dispoñible para toda a veciñanza na páxina web do Concello
obras-para-cubris-pista-padel-abadin
11 Out 2024

O Concello de Abadín vén de poñer en marcha unha nova aplicación para acceder á pista de pádel da localidade.

A aplicación está dispoñible para toda a veciñanza na páxina web do Concello de Abadín. Para poder utilizala primeiro hai que rexistrarse como usuario e despois poden facerse directamente as reservas de pista na web e ver as horas que xa están completas.

Cando se efectúe a reserva obterase o código que permite ao usuario acceder á pista na hora sinalada marcando o mesmo no teclado disposto na entrada da instalación.

0.14698100090027