Abadín ofrece un campamento musical para nenos e nenas de 4 a 16 anos no mes de xullo

O Concello de Abadín, en colaboración con Gandaina Eventos, organiza un campamento musical dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 16 anos. A actividade desenvolverase entre os días 14 e 18 de xullo, en horario de 10:00 a 14:00 horas, cunha opción de ampliación de horario de 9:00 a 10:00 da mañá.
O prezo de participación é de 35 euros por neno ou nena e o prazo de inscrición estará aberto do 24 de xuño ao 11 de xullo na Casa do Concello de Abadín.
Esta proposta musical busca ofrecer un verán diferente, combinando aprendizaxe, diversión e creatividade a través da música, nun espazo seguro e pensado para o desenvolvemento lúdico e educativo da infancia e mocidade do municipio.