Abadín pecha con éxito de visitantes unha nova edición de Expogrelo

TerraChaXa
Os 12 produtores da décimo sexta edición de Expogrelo en Abadín, celebrada non recinto de Gontán, volveron verse tras un ano sen feira.
expogrelo abadin 20222 1
6 Mar 2022

Os 12 produtores presentes na décimo sexta edición de Expogrelo en Abadín, celebrada non recinto feiral de Gontán, volveron verse as caras tras un ano sen feira e recuperaron antigas sensacións ofrecendo un produto de calidade total a un prezo fixado de 1,5 euros a mada.

Sen dúbida axudou na xornada o bo día que saiu e que animou aos veciños dos arredores e visitantes asiduos a achegarse ata Abadín.

Como en anos anteriores tamén houbo premios outorgados polo Concello. Marisol Grandío, de Romariz e Esther Cruña, de Moncelos repetiron e volveron facerse cos premios á mellor decoración, tal e como fixeron na última edición. Ademais, todos os produtores recibiron unha gratificación de mans das autoridades presentes pola súa participación na feira.

Acompañaron na ocasión os postos de artesanía e gastronomía, diversos feirantes e a animación musical que fixeron de Expogrelo unha xornada do máis completa.

0.19025683403015