Abadín perfora para mellorar o servizo de abastecemento de auga
TerraChaXa
Abadín súmase aos concellos con problemas no abastecemento de auga, debido á intensa seca deste verán.
22 Ago 2023
Abadín súmase aos concellos con problemas no abastecemento de auga, debido á intensa seca deste verán. Ademais de recomendar aos seus veciños un uso responsable anunciou que procedeu á perforación de 130 metros de profundidade para a toma de auga.
Con esta medida preténdese mellorar o servicio e abastecemento a todos os veciños. Deste modo búscase chegar a augas máis profundas xa que o nivel baixou moito debido á falta de choivas.