Abadín, pioneiro en formación con realidade virtual

TerraChaXa
O Concello de Abadín acollerá o primeiro curso que se impartirá en Galicia con formación en realidade virtual e será de primeiros auxilios.
formacion realidade virtual abadin
6 Xuño 2021

O Concello de Abadín acollerá o primeiro curso que se impartirá en Galicia con formación en realidade virtual, tal e como anunciou o seu alcalde, José María López Rancaño.

O curso, de primeiros auxilios, contará con tres vías principais de traballo, como apagar un lume, como reanimar a unha persoa e como actuar fronte a un perigo.

Así, será 15 días de formación, totalmente gratuítas, que Estudios R@fer impartirá en Abadín esta iniciativa que permite ao alumno vivir en primeira persoa a experiencia e a situación de risco.

A formación impartirase en realidade virtual inmersiva, que é unha ferramente para dar un slato de calidade nas formacións, xa que é unha tecnoloxía que permite simular escenarios altamente realistas para poñer en situación aos alumnos e así garantir o impacto da formación.

Os interesados en participar nesta formación poden inscribirse no Concello.

0.22698497772217