Abadín pon en marcha as escolas deportivas durante as tardes

TerraChaXa
Haberá baloncesto, fútbol, patinaxe e piscina
nova-equipacion-escolas-deportivas-abadin
22 sep 2024

O Concello e Abadín, en colaboración coa ANPA Colexio CEIP Aquilino Iglesia poñen en marcha de novo as escolas deportivas, que se desenvolverán durante as tardes no centro.

Así, está previsto baloncesto os luns de 15:15 a 16:15; fútbol os martes e xoves de 15:15 a 16:45; patinaxe os mércores de 15:15 a 16:15 e piscina os venres de 15:15 a 17:30 horas.

Todas as actividades serán gratuítas, agás a piscina, que será subvencionada.

A organización lembra que as nais, pais ou titores deberán cubrir unha autorización para que os membros da ANPA poidan acompañar aos nenos e nenas durante as actividades deportivas que se realizarán no pavillón de Abadín e na piscina da Pastoriza.

0.1865861415863