Abadín prepara a festa de Entroido

TerraChaXa
O desfile estará dotado con grandes premios en metálico par charangas, grupos e comparsas, parellas, individuais e comparsas mixtas
máscara-Entroido-2
16 Feb 2025

O Concello de Abadín organiza para o domingo 2 de marzo o seu popular Entroido onde nenos e maiores poderán gozar a partir das 16.30 horas co tradicional desfile de disfraces que se levará a cabo no polideportivo, ao lado do centro médico.

O desfile estará dotado con grandes premios en metálico nas seguintes categorías: charangas, grupos e comparsas, parellas, individuais e comparsas mixtas. Haberá premios tanto para adultos como para infantís.

A mellor charanga será premiada con 300 euros. Para os tres mellores grupos e comparsas os premios serán de 300, 250 e 200 euros, cun premio especial para unha local de 250 euros. En comparsas mixtas haberá 250, 200 e 150 euros en premios. En parellas, a contía será de 200, 150 e 100 euros con premio para unha local de 150 euros. En individual redúcense ata 150, 100 e 75 con 100 euros para o local.

Para os pequenos establécense tamén tres premios para grupos e comparsas, para parellas e para infantil, cunha distinción especial para un local en cada categoría. As recompensas oscilan entre 200, o primeiro de comparsas, ata os 50 euros que cobrará o terceiro individual.

A xornada finalizará cunha gran chocolatada con churros para todos os asistentes.

entroido-abadin-programa
0.16893792152405