Abadín prepara a súa festa de Entroido para o día 11

TerraChaXa
O Concello de Abadín organiza para o domingo 19 de febreiro o seu popular Entroido co tradicional desfile de disfraces.
entroido abadin portada
4 Feb 2024

O Concello de Abadín organiza para o domingo 11 de febreiro o seu popular Entroido onde nenos e maiores poderán gozar a partir das 17.30 horas co tradicional desfile de disfraces que se levará a cabo no polideportivo, ao lado do centro médico.

O desfile estará dotado con grandes premios en metálico nas seguintes categorías: charangas, grupos e comparsas, parellas, individuais e comparsas mixtas. Haberá premios tanto para adultos como para infantís.

A mellor charanga será premiada con 300 euros. Para os tres mellores grupos e comparsas os premios serán de 300, 250 e 200 euros, cun premio especial para unha local de 250 euros. En comparsas mixtas haberá 250, 200 e 150 euros en premios. En parellas, a contía será de 200, 150 e 100 euros con premio para unha local de 150 euros. En individual redúcense ata 150, 100 e 75 con 100 euros para o local.

Para os pequenos establécense tamén tres premios para grupos e comparsas, para parellas e para infantil, cunha distinción especial para un local en cada categoría. As recompensas oscilan entre 200, o primeiro de comparsas, ata os 50 euros que cobrará o terceiro individual.

A xornada finalizará cunha gran chocolatada con churros para todos os asistentes.

As inscripcións para participar no desfile deberanse realizar antes do 16 de febreiro ás 21.00 horas no teléfono 626 728 088.

0.13097405433655