Abadín recibe en outubro e novembro a visita da ITV móbil

TerraChaXa
A unidade estará primeiro no campo da festa de Moncelos e despois no mercado gandeiro de Gontán
tractor
19 Out 2024

A unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas estará entre os días 28 de outubro e 12 de novembro no Concello de Abadín, para atender a todos os veciños do termo municipal. A atención ao público será entre 9:00 e 13.30 horas e de 15:15 a 18:00 agás os días 29, 31 e 8, que serán só pola mañá.

A unidade estará situada entre os días 5 e 8, 11 e 12 de novembro no mercado gandeiro de Gontán e, previamente entre os días 28 e 31 de outubro e 4 de novembro no campo da festa de Moncelos

Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 902 309 000 ou a través da web www.sycitv.com. A organización lembra que non se pasará inspección a vehículos con carga nin a vehículos con aperos.

0.09459400177002