Abadín recibiu un vehículo para prestar servizo ás persoas maiores e dependentes
TerraChaXa
O Concello de Abadín recibiu a entrega dun vehículo adaptado para a Concellería de Benestar Social para prestar servizo ás persoas maiores e dependentes.
2 Xan 2024
O Concello de Abadín recibiu a entrega dun vehículo adaptado para a Concellería de Benestar Social para prestar servizo ás persoas maiores e dependentes.
Este vehículo forma parte da axudas destinadas a concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para a adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos destinados a persoas maiores, a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Nestas axudas recollíase como subvencionable, como máximo, un vehículo por concello e o importe da axuda poderá ser de ata o 100 % do custo do vehículo, cun límite máximo de 40.000 euros.