Abadín rende unha homenaxe aos seus maiores co seu encontro anual
TerraChaXa
Houbo un recoñecemento especial para os veciños máis lonxevos, Celia Vázquez Fernández, de Moncelos, que ten 101 anos, e Darío Rodríguez Xesto, de Vilarente, con 94

Festa dos maiores
20 Aug 2024
O Concello de Abadín rendeu unha homenaxe aos seus maiores cunha xornada especial no Pavillón Municipal, na que a asistencia foi masiva e na que o ambiente foi magnífico.
Houbo un recoñecemento especial para os veciños máis lonxevos, Celia Vázquez Fernández, de Moncelos, que ten 101 anos, e Darío Rodríguez Xesto, de Vilarente, con 94.
Ambos recibiron unha merecida homenaxe por parte do Concello, que lles entregou un obsequio como recoñecemento á súa vitalidade e aos moitos anos que compartiron.