Abadín renderá unha homenaxe aos seus maiores co seu encontro anual

O Concello de Abadín renderá o próximo sábado, 6 de setembro, unha homenaxe aos seus maiores cunha xornada especial no Pavillón Municipal, na que a asistencia espérase de novo que sexa masiva.
A cita está prevista ás 14.00 horas e será gratuíta para a veciñanza que cumpra dous requisitos, estar empadroado no Concello e ser maior de 65 anos.