Abadín Sobre Rodas e empresas da comarca conseguiron moitos recursos para enviar a Valencia
Abadín Sobre Rodas vén de levar a cabo unha iniciativa solidaria coa idea de recoller a maior cantidade de doazóns para a xente máis necesitada de Valencia e así podela ditribuír porta por porta.
Ademais, uníronse empresas para conseguir máis recursos para levar a Valencia, entre elas Rent a Car Vilalba, establecendo un punto de recollida adicional nas instalacións de Abadín sobre Rodas, ademais do que xa existía no Concello de Abadín.
"A resposta da xente foi tan impresionante que conseguimos reunir nove furgonetas e un camión ríxido", explican desde o colectivo.
Así, a medida que o proxecto avanzaba, moitas máis empresa da zona sumáronse para colaborar e facer posible o transporte destes vehículos ata Valencia. Así, agradecen ás empresas Rent a Car Vilalba, Am Multimarca, Panistec, Tecnorenova, Automóviles Mouronte, Neumáticos Fernando, Autos Vázquez 4x4, MRW Vilalba, Transportes Jose María (MONTES), Transportes Francos e a Conductores Terra Chá, así como ao Concello de Abadín.
Con todo, saíron tamén dous trailes con maquinaría para a axuda da limpeza, e quedarán alá toda a semana para poder colaborar e poder realizar labores de limpeza.
"Queremos destacar a nosa gratitude e orgullo polo gran equipo que se formou e pola enorme colaboración cidadá e empresarial, incluíndo a moito que preferiron colaborar de forma anónima", conclúen desde Abadín sobre Rodas.