Abadín ultima o proceso de licitación da construción do depósito de auga de Castromaior
Este martes, 21 de maio, remata o prazo de presentación de ofertas para a construción do depósito da rede de abastecemento de auga na parroquia de Castromaior.
Co fin principal de dotar aos habitantes de dita parroquia dun servizo municipal básico, proxéctase a execución dunha rede de abastecemento de auga potable, que se levará a cabo en dúas fases, realizándose a primeira de elas con cargo á achega correspondente ao Plan Deputación único de cooperación cos concellos 2024. Esta primeira fase contempla a construción dun depósito de auga de 110 metros cúbicos.
O depósito proxéctase de muros e laxa de cimentación de formigón armado, executados in situ, coa cuberta de laxa prefabricada de formigón. A cámara de chaves comparte a laxa de cimentación do depósito, pero a estrutura componse de piares de formigón armado e a cuberta resólvese cun forxado unidireccional de vigueta e bovedilla. Tamén inclúese a impermeabilización interior do depósito, así como a exterior, debido á posibilidade de que exista nivel freático ou infiltración de escorrentía no recheo de terras posterior. Inclúese a caldeirería e valvulería necesaria para a circulación e tratamento interior da auga captada dentro do depósito.
A obra ten un orzamento de 79.796 euros con IVA incluído.