Abadín volverá contar este verán cun campamento para nenos

O Concello de Abadín celebrará un campamento de verán gratuíto para nenos de 3 a 14 anos entre o día 14 de xullo e o 14 de agosto.
Os interesados en participar poderán anotarse ata o xoves 10 de xullo nas oficinas do Concello. Tamén ofrecerán información no teléfono 605 349 137 (Edita).
O campamento, que se celebrará no pavillón en horario de 10.00 a 14.00 horas, contará con diferentes actividades ao aire libre como un paseo a cabalo, inchables na Roxica, xogos de auga, kayak, rocódromo, festa da escuma, ruta de sendeirismo, parque de aventuras e surf ademais de xogos musicais e tradicionais. Un dos días farase unha saída ao parque de Cerceda.
A inscrición está aberta a nenos e nenas empadroados no Concello ou con familiares residentes no mesmo.