Abadín volverá contar este verán cun campamento para nenos

TerraChaXa
Será gratuíto para nenos de 3 a 14 anos entre o día 15 de xullo e o 16 de agosto.
campamento-veran-abadin
18 Xuño 2024

O Concello de Abadín celebrará un campamento de verán gratuíto para nenos de 3 a 14 anos entre o día 15 de xullo e o 16 de agosto.

Os interesados en participar poderán anotarse ata o mércores 10 de xullo nas oficinas do Concello en horario de 10.00 a 14.00 horas. Tamén ofrecerán información no teléfono 605 349 137 (Edita).

O campamento contará con diferentes actividades ao aire libre como un paseo a cabalo, inchables na Roxica, xogos de auga, kayak, rocódromo, festa da escuma, ruta de sendeirismo, parque de aventuras e surf ademais de xogos musicais e tradicionais.

Nun principio o campamento era só para nenos e nenas de ata 12 anos, pero debido á demanda, ampliouse ata 14.

0.12718892097473