Abanca firma un convenio de colaboración cos empresarios e comerciantes de Ribadeo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Abanca achégase ás necesidades de crédito do tecido empresarial e comercial de Ribadeo, a través dun novo convenio de colaboración en condicións melloradas para tódolos seus asociados.
12 Mar 2020

Abanca achégase ás necesidades de crédito do tecido empresarial e comercial de Ribadeo, a través dun novo convenio de colaboración en condicións melloradas para tódolos seus asociados.

O convenio foi subscrito esta mañá en Ribadeo polo director da oficina de Abanca en Ribadeo, Ángel Luis Macía Regueiro,e o presidente de ACISA, Francisco Miguel Irarte Quintana.

Grazas a este convenio,o banco pon a disposición dos asociadosun plan de financiamento que responde de maneira integral ás súas necesidades. O documento inclúe produtos e servizos que permitentanto acometer investimentos, como reforzar a competitividade dos proxectos que os asociados leven a cabo.Así, os empresarios desta comarcacontarán con produtos especificamente deseñados, entre os que destacan préstamos persoais e hipotecarios ouleasing mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos.

A oferta financeira de Abanca inclúe tamén solucións para as necesidades máis inmediatas e así poder adecuarse ás demandas da actividade diaria. Os asociados teráná súa disposición outros produtos e servizos como pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais, corfirming ou factoring segundo as súas necesidades. Os convenios tamén reservan un espazo á internacionalización grazas ás liñas de comercio exterioreao financiamento oficial a través de diversos programas do ICO e as SGR galegas.

Do mesmo xeito, os asociados poderán desfrutar das vantaxes do Programa Cero Comisións de Abanca , que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingreso de cheques ou outros servizos habituais. Abanca , ademais, poñerá a súa disposición a banca electrónica, o Bróker Online ou Abanca Pay.

Os asociados tamén se poderán beneficiar de TPVs físicos e virtuais con grandes vantaxes así como do servizo Alavuelta, que permite aos comercios coñecer as claves do seu negocio, atraer a novos clientes e fidelizaros que xa teñen. Ao coñecer a información de toda a operativa dos TPVs de Abanca e o patrón de compra dos seus clientes con tarxeta, que garante en todo momento o anonimato dos mesmos, os comercios poderán perfeccionar as súas estratexias de venta e adaptarse aos novos comportamentos de compra dos usuarios.

Este servizo enmárcase no compromiso que mantén Abanca co comercio local e de proximidade, beneficiando a comerciantes e empresarios, pero tamén aos seus clientes con servizos como Applázame que permite unha financiación inmediata e segura dende o móbil; así como dispor do Sistema Aplazosco que aumentar as súas vendas ao ofrecer a posibilidade de financiar compras de xeito sinxelo, rápido e económico.

0.19361400604248