Abeledo celebra as súas festas os días 7 e 8 de setembro
TerraChaXa
Estas darán comezo o sábado ás 13.30 horas cunha procesión e sesión vermú co grupo Jaque
4 sep 2024
A localidade de Abelado, en Abadín, celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra a San Antón e Santa María.
Estas darán comezo o sábado ás 13.30 horas cunha procesión e sesión vermú co grupo Jaque, que tamén se ocupará da verbena xunto a Judith Cundins.
O domingo a celebración consistirá na misa, á mesma hora, seguida de procesión e sesión vermú de fin de festa estará a cargo de Fuxsión Latina.
A organización lembra que haberá carpa por si chove.