Abeledo celebra as súas patronais
TerraChaXa
A parroquia de Abeledo, en Abadín, celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra de San Antón e Santa María.
14 Jun 2019
A parroquia de Abeledo, en Abadín, celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra de San Antón e Santa María.
A celebración dará comezo o sábado ás 13.30 horas coa procesión e a sesión vermú a cargo do grupo D.Nika, quen tamén se ocupará da verbena xunto co dúo Epo-K.
O domingo volverán, ás 13.00 as celebracións relixiosas con procesión na que tocará a banda de gaitas Tirapdiante. A sesión vermú estará a cargo do dúo Epo-k de novo.