Abeledo celebra esta fin de semana as súas festas
TerraChaXa
A localidade de Abelado, en Abadín, celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra a San Antón e Santa María.
16 Xuño 2023
A localidade de Abelado, en Abadín, celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra a San Antón e Santa María.
Estas darán comezo o sábado ás 13.30 horas cunha procesión e sesión vermú co grupo Alaa, que tamén se ocupará da verbena xunto ao dúo Dilema.
O domingo a celebración consistirá na misa, á mesma hora, seguida de procesión coa participación de Gaitas Galegas. A sesión vermú de fin de festa estará a cargo de La Hora Bruja.