Abeledo organiza a Xuntanza Veciñal o sábado

A parroquia de Abeledo acollerá o vindeiro sábado 6 de setembro unha nova edición da tradicional Xuntanza Veciñal organizada pola Comunidade de Montes en Man Común Corda de Neda de Abeledo. A cita celebrarase xunto á igrexa parroquial e reunirá a veciños e amigos nunha xornada pensada para o encontro e a convivencia.
O programa dará comezo ás 13:30 horas cunha misa solemne, seguida dunha sesión vermú amenizada polo Dúo Karmin, que tamén será o encargado de poñer música despois da comida. A partir das 15:00 horas terá lugar a gran comida veciñal, servida polo catering Chao da Brea, cun menú que inclúe xamón cocido, polbo á feira, codillo con patacas fritas, sobremesa, café e licores.
Os prezos establecidos son de 32 euros para adultos, mentres que os nenos de 0 a 6 anos poderán asistir de balde e os de 7 a 11 anos pagarán 15 euros. Ademais, cada comuneiro ou comuneira recibirá dúas invitacións gratuítas para participar nesta celebración.
A organización lembra que é necesario confirmar asistencia antes do 2 de setembro nos teléfonos 646 130 472, 610 097 924 e 669 998 932. Con esta xuntanza, a Comunidade de Montes de Abeledo anima a todos os veciños a compartir un día especial, de festa e convivencia, no que a música en directo tamén terá un papel protagonista da man de Dani Gigirey e Laura Suárez.