Aberta a inscrición para as acampadas da natureza de Vilarbó

TerraChaXa
Pode facerse ata o próximo 25 de xuño ou ata que as prazas se cubran
campamento-acampada-veran
Campamento de verán
3 Xuño 2024

O Concello das Pontes informa da apertura do prazo de matrícula para as XXXVI Acampadas na Natureza Vilarbó 2024.

As acampadas intermunicipais na natureza, teñen como eixo fundamental o medio ambiente e o contacto dos máis novos con ela, por iso se desenvolven na área natural de Vilarbó, concello das Pontes, en plenas fragas do Eume. Gozar dun medio e unha paisaxe tranquilos onde os rapaces e rapazas poden desenvolver as súas actividades.

A recollida e entrega de inscricións é no Polideportivo Municipal, ata o 25 de xuño, pero o prazo de matrícula pode rematar antes si se cubren as prazas, xa que estas son limitadas.

O campamento multiaventura é do 5 ao 16 de xullo e o Robinson, do 23 ao 30 de xullo.

0.10234904289246