Aberta a matrícula para a nova casa niño de Rábade

LugoXa | TerraChaXa
Vai estar emprazada na rúa Gabriela Nieto Chaín e a dirección estará ao cargo de Miriam Díaz
casa-nino-pequeno-xogar-nenos
3 Out 2024

Rábade contará en datas próximas cunha nova casa niño, que foi concedida pola Xunta de Galicia.

Co no nome de Casa Niño Ledicia vai estar emprazada na rúa Gabriela Nieto Chaín, 18, baixo e a promotora é Miriam Díaz.

As casas niño son un modelo de atención á infancia de 0 a 3 anos financiadas pola Xunta de Galicia e adaptadas ás características dos concellos do rural de Galicia. O servizo desenvólvese con carácter gratuíto de luns a venres durante todo o ano, agás os días festivos e un mes de cada doce no que permanecen pechadas por vacacións.

Están destinadas a ofrecer servizos educativos e de coidado aos nenos e nenas, facilitando a conciliación da vida familiar e laboral.

Desenvólvese con carácter gratuíto na modalidade de atención diúrna de luns a venres durante todo o ano, agás os días festivos e un mes de cada doce no que a casa niño permanece pechada por vacacións. As familias poden levar os nenos e nenas un máximo de oito horas diarias nun horario flexible que se pactará co/coa profesional que desenvolve o proxecto.

A atención prestada comprende tamén o servizo de cociña que consiste na preparación final dos alimentos elaborados previamente polas familias e achegados diariamente á casa niño para o seu consumo no momento do comedor.

Para máis información e consultas, teléfono 673 022 415.

0.20280504226685