Aberta unha nova edición do concurso de micropoesías Vilariñas

TerraChaXa
Nova Poesía Guitírica, CulturaliaGZ e a Asociación Sociocultural Lareira de Soños concovan unha nova edición do concurso de micropoesías Vilariñas, que chega á súa segunda edición e no que poden participar todos os escritores e escritoras que así o desexen.
vilarinas
10 Xan 2018
Nova Poesía Guitírica, CulturaliaGZ e a Asociación Sociocultural Lareira de Soños concovan unha nova edición do concurso de micropoesías Vilariñas, que chega á súa segunda edición e no que poden participar todos os escritores e escritoras que así o desexen.
Os micropoemas presentados ao concurso  serán inéditos, orixinais e non premiados nin publicados.
O tema será libre e cada participante poderá enviar un máximo de dous micropoemas que deben estar escritos en galego en calquera das normativas, e presentarase ao concurso a través do correo electrónico dosvilares@gmail.com ou info@culturaliagz.com en formato Word.
Os micropoemas terán una extensión mínima de 2 versos e máxima de 3 versos sen incluír o título. Cada poeta poderá presentar un máximo de dous micropoemas a concurso e cada un deles será xulgado individualizadamente e por separado. Cada micropoema debe ser presentado por separado. Poderán cada un deles ir acompañado de imaxe si así o desexa o autor.
O prazo de presentación estará aberto ata o día 30 de abril reservándose a organización o dereito de eliminar aqueles micropoemas que podan ir en contra da protección da infancia, do respeto, ou induzan ou promovan actos delictivos, denigratorios ou violentos en cualquera das súas formas.
O xurado, formado por poetas da NPG Nova Poesía Guitirica, terá en conta a orixinalidade, técnicas empregadas, calidade e contido do poema.
Entre os micropoemas participantes, seleccionaranse os mellores para integrar unha antoloxía, e entre eles escollerase aos gañadores do premio, que consistirá no trofeo VILARIÑA, deseño exclusivo da artista Viki Rivadulla. Ademais, editaranse as obras presentadas no blog poético literario CulturaliaGZ.
0.19284105300903