Aberto nas Pontes o prazo de incrición para o programa de turismo do Imserso
Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no programa de Turismo do Imserso.O programa vacacional vai dirixido a pensionistas de xubilación do Sistema Público Español de Pensións, pensionistas de viuvez con 55 anos cumpridos, pensionistas por outros conceptos, perceptores de prestacións ou subsidios de desemprego con 60 anos cumpridos e titulares ou beneficiarios do Sistema da Seguridade Social con 65 anos cumpridos.
Tamén poden participar os cónxuxes ou parellas de feito sen necesidade de que estes reúnan os requisitos de idade ou pensión, así como os fillos con discapacidade cun grao igual ou superior ó 45%, a condición de que esta discapacidade lles permita viaxar e fágano cos seus pais.
O programa inclúe:
- Viaxe de ida e volta, desde a capital de provincia ó hotel de destino. (Excepto na modalidade de viaxes sen transporte).
- Aloxamento en réxime de pensión completa.
- Póliza de seguros colectiva.
- Servizo médico, complementario da Seguridade Social (excepto nas quendas de Turismo de Natureza, Circuítos Culturais e viaxes ó interior).
- Programa de animación (excepto nas quendas de Turismo de Natureza e Circuítos Culturais).
As solicitudes pódense presentar en liña, a través da https://sede.imserso.gob.es, ata o 10 de xullo. Máis información no departamento de Servizos Sociais (2º andar da Casa Dopeso) en horario de 8:30 a 14:00 h.