Aberto o prazo de inscrición das escolas deportivas de Meira

TerraChaXa
O Concello de Meira abre o prazo de inscrición para as actividades das escolas deportivas municipais, que terán lugar desde o mes de outubro ata o mes de maio, despois da xornada escolar.
escolas-deportivas-municipais-meira-portada
8 sep 2023

O Concello de Meira abre o prazo de inscrición para as actividades das escolas deportivas municipais, que terán lugar desde o mes de outubro ata o mes de maio, despois da xornada escolar.

As primeiras actividades previstas son as de patinaxe, atletismo, fútbol sala, baloncesto e multideporte, seguindo a liña de anos anteriores, nos que foron as máis solicitadas.

escolas-deportivas-municipais-meira
0.13658881187439